Ir al contenido principal

Entradas

Disección dun pez (1ºESO)

  Comezamos o último trimestre cunha práctica no laboratorio de bioloxía cos alumnos/as de 1.ºESO. Fixemos diseccións de peces pequenos para ver e analizar todas as partes destes vertebrados acuáticos. Aquí podedes ver unha das cousas que máis lles chamou a atención: os anisakis vivos
Entradas recientes

Participación e visita Galiciencia 2024

Este curso volvemos a presentar un proxecto na feira científica de Ourense Galiciencia. Os alumnos Marina Paz e Hugo Sierra de 4ºESO, xunto co profesor Carlos Rodríguez, defenderon durante tres días o seu proxecto "Transformando papel en árbores". Aproveitando a feira, visitaron Ourense e participaron en varias actividades organizados en Tecnópole, incluindo un taller no simulador de voo da Aula Newton.                        Ademáis, o alumnado do Club de Ciencias e do 1º STEM Bac puideron visitalos o pasado venres 10 de maio. Alí, tras ver os distintos postos da feira, participaron nun taller de construción dun soporte móbil con material reutilizado e no espectáculo de ciencia "Descubrindo a madeira" de David Ballesteros.       

Día da Ciencia na Rúa (2ºESO e 4ºESO)

  As alumnas e alumnos de 2ºESO do Club de Ciencias e algún de 4ºESO participaron o pasado sábado 4 de maio no Día da Ciencia na Rúa no parque de Santa Margarida. No seu stand mostraron os xogos de mesa da última feira e explicaron distintos conceptos electrónicos e eléctricos traballados cos profes de Tecnoloxía no Club e na materia de 4ºESO. Ademáis puideron interactuar con rapaces doutros centros e visitaron os distintos postos con actividades interactivas científicas.                                            

Matemáticas na raia (3ºESO)

Tres grupos de 3.º ESO participaron o xoves 11 de abril en Matemáticas na Raia, un concurso de resolución de problemas por equipos que se realiza en Galiza e no norte de Portugal. Aínda non coñecemos os gañadores do concurso pero as rapazas e rapaces disfrutaron moito da actividade. 

Participación na Feira Matemática (2ºESO)

  As alumnas e alumnos de 2ºESO do Club de Ciencias participaron o pasado sábado 6 de abril na Feira Matemática anual organizada por AGAPEMA en Palexco. No seu stand mostraron os distintos xogos de mesa elaborados este ano no Club (feitos coa impresora 3D e con material reciclado) e explicaron as mellores estratexias de cada un. Ademáis puideron interactuar con rapaces doutros centros e participaron en varias actividades da feira.

Continuamos coas mates! (3º e 4º ESO)

 Seguimos coa preparación para o rallie matemático, as matemáticas na raia e o canguro matemático. Estes rapaces e rapazas anímense a participar en todos os concursos!

Constrúe a túa hiperboloide (1ºESO)

  Hoxe, as alumnas e alumnos de 1ºESO construiron hiperboloides pequenas con pezas feitas coa impresora 3D e goma elástica. Aprenderon cómo facer este corpo matemático, prestando moita atención á estabilidade da estructura e a necesidade de ser precisos coas tensións das cordas que o forman.  O obxetivo final: construir un de maior tamaño para incorporar ao paseo matemático que se está a elaborar no centro.