Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

CONVERXENCIAS ARTE E CIENCIA: ESCHER

 O 26 de xaneiro o alumnado de 1º ESO do Club de Ciencia acudiu ao Centro Ágora para participar na actividade Converxencias Arte e Ciencia: Escher.   Despois de escoitar unha breve explicación sobre este artista neerlandés e a súa obra acudiron a un obradoiro en que descubriron como montar mosaicos do estilo de Escher e coñeceron figuras xeométricas como o sorprendente caleidociclo e os sólidos platónicos. A continuación visitaron unha exposición con algunhas obras que lles foron explicando. A pesar de que algunha alumna dixo que mareaban un pouco esas figuras imposibles e perspectivas estrañas todos os asistentes gozaron da visita.  

CONSTRUIMOS FORNOS SOLARES

 Poñemos en práctica algunha das experiencias que coñecemos no congreso Ecobuilding sobre construcións e experiencias ecosostibles.  Construimos fornos solares con cartón reciclado para a estrutura e algo de papel de aluminio para a superficie reflectora.  O resultado foi estupendo, so queda poñelos a funcionar en canto saia o sol...