Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

Continuamos coas mates! (3º e 4º ESO)

 Seguimos coa preparación para o rallie matemático, as matemáticas na raia e o canguro matemático. Estes rapaces e rapazas anímense a participar en todos os concursos!

Constrúe a túa hiperboloide (1ºESO)

  Hoxe, as alumnas e alumnos de 1ºESO construiron hiperboloides pequenas con pezas feitas coa impresora 3D e goma elástica. Aprenderon cómo facer este corpo matemático, prestando moita atención á estabilidade da estructura e a necesidade de ser precisos coas tensións das cordas que o forman.  O obxetivo final: construir un de maior tamaño para incorporar ao paseo matemático que se está a elaborar no centro. 

Paseo matemático (2ºESO)

 Despois dun par de sesións de poñer en funcionamento esa creatividade e inxenio, e tras unha pequena planificación do paseo matemático, poñémonos manos á obra no taller. O resultado verémolo moi pronto!

A arte e as matemáticas (2ºESO)

 O seguinte proxecto das alumnas e alumnos do Club de 2ªESO será o diseño e construcción dun paseo matemático para o noso centro escolar. Para poñernos en contexto comezamos cun pequeno relatorio moi dinámico do departamento de Xeografía e Historia sobre a relación entre as matemáticas a arte. Propuxéronnos comprobar se o noso corpo cumpría coa proporción de perfección e beleza: entre 7 e 8 veces a lonxitude da nosa cabeza.

Disección dun pez (2ºESO)

 Empezamos o ano cunha práctica no laboratorio de bioloxía cos alumnos/as de 2.ºESO. Fixemos diseccións de peces pequenos para ver e analizar todas as partes destes vertebrados acuáticos. Ata conseguimos ver a súa última comida (peces máis pequenos) e un exemplar con anisakis.  

Decoración navideña (1º e 2º ESO)

 Este ano decidimos montar o árbol de navidade reciclando material. Aproveitamos unha árbore de cartón feita fai dous anos para unha exposición e fixemos decoración navideña usando revistas e periódicos. Vela aquí o resultado! Feliz nadal e felices festas

Cal é a probabilidade de cumprir anos o mesmo día? (1ºESO)

 Achegámonos un pouquiño á probabilidad co alumnado de 1ºESO, explicándo e poñendo en práctica a Paradoxa do Cumpreanos. Aquí podes encontrar o simulador usado para calcular as probabilidades  https://brain-feast.itch.io/birthday-paradox-simulator Despois, analizamos as datas de cumpreanos das alumnas e alumnos de todo o instituto por clase e nivel e comprobamos que, ao tratarse de grupos de máis de 23 persoas, a probabilidade de encontrar dúas que coincidan en día e mes de nacemento é superior ao 50%!