Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2021

VÍDEOS DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE. QUE CONTÉN A TÚA MERENDA?

No marco das actividades de promoción dun estilo de vida e unha alimentación saudable que se están promovendo no centro é do curso, desde o club de ciencias quixemos achegar o noso granito de area gravando unha serie de vídeos nos que analizamos algúns dos alimentos que o noso alumnado consome habitualmente como merenda de media mañá. Lemos etiquetas, estudamos ingredientes, composicións nutricionais… e utilizamos algunhas aplicacións dispoñibles para o móbil que nos permiten ver como de saudables son os produtos que consumimos. Ademais, tentamos facer máis evidentes os azucres engadidos que teñen estes alimentos comparándoos coa mesma cantidade en terróns de azucre. Fixámonos tamén nas graxas saturadas e algúns aditivos controvertidos, como o glutamato monosódico, potenciador de sabor moi utilizado por exemplo en aperitivos. Para darlle algo de forma a todo isto, decidimos gravar uns vídeos nos que plasmamos esta información e tentamos achegar alternativas máis saudables. Con isto