Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022
 E-TEXTILES  Os E-textiles ou textiles electrónicos son prendas ou telas que incorporan compoñentes eléctricos e electrónicos que permiten que a través da  roupa  se reciba e envie sinais ó entorno. Nas próximas sesións do club de ciencia imos traballar cunha placa Lilypad Arduino (placa cun microcontrolador especialmente deseñada para o campo dos e-textiles) para realizar un proxecto no que integraremos nunha camiseta uns sensores que nos permitan activar unhas sinais luminosas e sonoras. Como sabemos que costureira sen dedal cose pouco e cose mal imos imprimir uns dedais para que todos poidamos coser sen picarnos.