Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

Preparamos o Rally Matemático

Dous grupos, un de 3ºESO e outro de 4ºESO, comezaron xa a prepararse para participar no Rally Matemático  de 2024. O Rally é un concurso de resolución de problemas de lóxica e matemáticas en grupo (máis información na web de Igaciencia ). 

Disección dun mexillón (1ºESO)

 Comezamos o Club de Ciencia coas alumnas e alumnos de 1.º ESO o día 30/10. Participarán no Club unha vez ao mes e farán proxectos máis curtos. Na primeira sesión diseccionamos mexillóns co Departamento de Bioloxía. Aproveitamos os conceptos vistos na materia de Bioloxía sobre animais invertebrados e aprendemos a anatomía deste bivalvo.

Xogos de mesa e estratexias (2ºESO)

 Arrincamos o proxecto de xogos de estratexia cos alumnos/as de 2.ºESO. Co Departamento de Matemáticas, dedicarémonos a investigar e fabricar os taboleiros e as pezas con materiais reciclados. Tamén aprenderemos a xogar e buscaremos as estratexias óptimas de cada un.

INICIO DO CLUB DE CIENCIAS 2023/2024

Volvemos un curso máis cargados de enerxía para o Club de Ciencias.  Este ano estará enfocado principalmente ao alumnado de 2.º ESO, cunha participación máis esporádica das alumnas e alumnos de 1.º ESO. Comezamos o curso con novos proxectos e ideas que iremos amosando, coma sempre, neste blog.