Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

Impresión 3D

 Continuamos imprimindo no club de ciencias cousiñas que nos van pedindo, últimamente moitos pulpos e ratiños.... Están quedando estupendos.  

Participación na XV Feira Matemática 2022

  O sábado 30 de abril parte do alumnado do Club de Ciencias do IES María Casares participou na XV edición da Feira Matemática en Palexco, na Coruña. Alí amosaron os xogos do mundo que estiveron a investigar estas últimas semanas, tanto en material reutilizado como impresos en 3D.   Desde o stand animaron a xogar con eles a todos os que pasaron por alí, maiores e pequenos, que foron moitos. Así descubriron o dara, o felli ou o muíño e algúns marcharon con ganas de facelos na súa casa para seguir xogando.   Ademais Ana, Pandora, Vanesa, Raúl, Manuel e Sara tamén viron as actividades que realizaron outros centros, xogaron a unha pescuda do tesouro e a un bingo e mesmo Ana e Pandora foron entrevistadas en directo na retransmisión que se fixo en streaming desde a feira. Podes vela na ligazón (minuto aprox 1:19:20)   En resumo, unha xornada longa pero que tamén desfrutaron moito.