Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

MOSAICOS

  No que levamos de curso o alumnado do Club de Ciencia traballou co departamento de Matemáticas o mundo dos mosaicos. Aprenderon que é e como se pode teselar un plano, desde as formas xeométricas máis básicas ata imaxes complexas, orixinais e artísticas como facía Escher. Foron capaces de aplicar a súa imaxinación e conseguir obras tan sorprendentes como as que se ven nestas fotografías, que ata serviron para felicitar o nadal polo instituto. Agora levaremos todo ese material á Feira Matemática do mes de abril para que poidan explicar todo o que fixeron aos visitantes que se acheguen.  

SAÍDA DIDÁCTICA PAZO DE MARIÑÁN

 O pasado 27 de febreiro o grupo de alumnos de 1º ESO que este ano asisten ao club de Ciencia realizou unha visita do máis interesante ao Pazo de Mariñán.  O Pazo de Mariñán está situado na ría de Betanzos no concello de Bergondo. Data do século XV e é declarado conxunto histórico-artístico e monumental no ano 1972.  Nesta ocasión deixamos a un lado a arquitectura espléndida do edificio e centrámonos no entorno do Pazo. Visitamos os xardíns e o bosque admirando e estudando a súa vexetación e achegámonos ao observatorio onde poidemos contemplar algunhas das aves que habitan o humedal das mariñas. Aquí algunhas das fotos da nosa visita.