Ir al contenido principal

SAÍDA DIDÁCTICA PAZO DE MARIÑÁN

 O pasado 27 de febreiro o grupo de alumnos de 1º ESO que este ano asisten ao club de Ciencia realizou unha visita do máis interesante ao Pazo de Mariñán. 

O Pazo de Mariñán está situado na ría de Betanzos no concello de Bergondo. Data do século XV e é declarado conxunto histórico-artístico e monumental no ano 1972. 

Nesta ocasión deixamos a un lado a arquitectura espléndida do edificio e centrámonos no entorno do Pazo. Visitamos os xardíns e o bosque admirando e estudando a súa vexetación e achegámonos ao observatorio onde poidemos contemplar algunhas das aves que habitan o humedal das mariñas.

Aquí algunhas das fotos da nosa visita. 

 






Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro EcoPrint con "Las Flores de Greta"

     Os días 12 e 19 de maio tivemos a sorte de participar nun obradoiro de Ecoprint guiado polo equipo de "Las Flores de Greta". Durante estas xornadas, explicáronnos o proceso creativo desta técnica natural de estampaxe e acompañáronnos a recoller follas e flores polos arredores do IES.      Fixemos unha pequena saída polo entorno e recompilamos unha gran variedade de elementos vexetais. Unha vez de volta no instituto, colocamos as nosas follas e flores sobre tecido de seda, creando composicións moi persoais e fermosas.      O paso final foi enrolar os tecidos e entregárllelos ás monitoras para pasar pola máquina de vapor, onde permanecerían durante 24 horas para que a natureza deixase a súa pegada permanente.       Na seguinte sesión do obradoiro, desenrolamos con emoción as nosas creacións… ¡e encantáronnos os resultados! Agora só quedaba fixar as cores, lavar e pasar o ferro, e xa tiñamos o produto final nas nosas mans. O ...

VÍDEOS DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE. QUE CONTÉN A TÚA MERENDA?

No marco das actividades de promoción dun estilo de vida e unha alimentación saudable que se están promovendo no centro é do curso, desde o club de ciencias quixemos achegar o noso granito de area gravando unha serie de vídeos nos que analizamos algúns dos alimentos que o noso alumnado consome habitualmente como merenda de media mañá. Lemos etiquetas, estudamos ingredientes, composicións nutricionais… e utilizamos algunhas aplicacións dispoñibles para o móbil que nos permiten ver como de saudables son os produtos que consumimos. Ademais, tentamos facer máis evidentes os azucres engadidos que teñen estes alimentos comparándoos coa mesma cantidade en terróns de azucre. Fixámonos tamén nas graxas saturadas e algúns aditivos controvertidos, como o glutamato monosódico, potenciador de sabor moi utilizado por exemplo en aperitivos. Para darlle algo de forma a todo isto, decidimos gravar uns vídeos nos que plasmamos esta información e tentamos achegar alternativas máis saudables. Con isto...

SCAPE ROOM MATEMÁTICA

  SCAPE ROOM MATEMÁTICA   Dende hai tempo puxéronse de moda as scape rooms , e ademais dunha actividade divertida poden ser pedagoxicamente moi interesantes. Por mor da pandemia da COVID-19 tivemos que realizala de forma virtual, pero aínda así, o alumnado do Club de Ciencia puido sentirse un pouco como Alicia no país das marabillas e resolver probas de matemáticas e de lóxica para atopar o código que lles permitise saír da sala... Se queres facer o intento, aquí tes a ligazón da nosa scape room virtual .