Ir al contenido principal

Entradas

Participacións nas Ferias científicas

Feira Matemática de Galicia Data: 14 de marzo de 2026 Lugar: Palexco , A Coruña Organiza: AGAPEMA  A Ciencia na Rúa Data: 9 de maio de 2026 Lugar: Xardíns de Méndez Núñez, A Coruña Organiza: Museos Científicos Coruñeses Galiciencia Datas: 13, 14 e 15 de maio de 2026 Lugar: Tecnópole, Ourense Organiza: Xunta de Galicia e Parque Tecnolóxico de Galicia
Entradas recientes

O Paseo Matemático en Realidade Virtual: un IES que podes explorar en 360º

A emoción polo proxecto levounos a dar un paso máis: crear o paseo matemático en realidade virtual . Queríamos que calquera persoa puidese vivir a experiencia como se estivese camiñando polo IES. Fotografando o IES en 360º Collemos unha cámara de 360º e fixemos fotografías esféricas en todas as zonas do paseo: entrada aparcadoiro patio interior horto pista deportiva e cada espazo con reto matemático As imaxes permiten mirar ao redor en todas as direccións, como se estivésemos dentro da escena. Creación da experiencia VR Construímos a experiencia de dúas formas: Na tablet , usando arquivos H5P , que permiten crear tours interactivos con puntos clicables. Nas gafas de realidade virtual , empregando a aplicación Panoee, que permite cargar fotos 360º e moverse entre elas. Un paseo inmersivo Agora o paseo matemático existe en tres dimensións: No propio IES Na maqueta física En realidade virtual , mergullándote nun tour 360º Un prox...

A Maqueta do IES María Casares

    A Maqueta do IES: corte láser, impresión 3D e luces intelixentes O noso paseo matemático non quedou só nos corredores: tamén o levamos ao mundo físico construíndo unha maqueta do IES chea de detalles, tecnoloxía e creatividade. Escalado e deseño dos edificios Para comezar: imprimimos nun A0 unha vista aérea de Google Earth , utilizámola para escalar os edificios , e deseñamos as plantas e vistas dos tres edificios en LibreCAD , incluíndo os tellados. Corte láser e montaxe Coas pezas xa deseñadas: cortámolas coa cortadora láser , pegámolas con precisión, e montamos a estrutura completa do IES. Detalles en impresión 3D Para darlle vida á maqueta imprimimos: ventás e portas a fachada principal árbores coches canastras porterías de fútbol Cada detalle fixo a maqueta máis realista. Integración dos códigos QR Colocamos códigos QR en cada zona correspondente ao paseo matemático. Así, quen observe a maque...

O noso Roteiro Matemático: buscando lugares, creando retos e gravando vídeos

  No  Club de Ciencias puxémonos un reto apaixonante: crear o noso propio paseo matemático polo IES . A idea era descubrir que as matemáticas non están só nos libros, senón tamén nos corredores, nos patios e en cada recuncho do centro.   Exploración polo IES: atopando matemáticas en todas partes Percorremos o instituto con novos ollos, buscando espazos que agochasen oportunidades matemáticas. E atopámolas por todas partes: Na entrada , o ta boleiro de xadrez inspirou a sucesión de Fibonacci No aparcadoiro , calculamos canta pintura se necesita para repintar as liñas. No patio interior , determinamos cantas baldosa s fan falta para cubrir a superficie. No horto , medimos o volume de terra dun bancal e a área dunha leituga . Na pista deportiva , aplicamos o teorema de Tales para calcular a altura da canastra . E xa que estabamos alí, calculamos tamén a área do campo de fútbol e as coordenadas do punto medio . Cada lug...

Roteiro matemático pola Coruña

Roteiro matemático pola Coruña: descubrir a cidade con outros ollos. Este trimestre tivemos a sorte de contar con Pilar García Agra , membro de AGAPEMA , que nos acompañou nun roteiro matemático pola Coruña. Grazas a ela puidemos mirar a cidade dun xeito completamente diferente: con ollos matemáticos . A actividade converteuse nunha viaxe chea de descubrimentos, xogos e observacións que nos fixeron entender que as matemáticas non están só nos libros: están nas rúas, nos edificios, nas prazas e mesmo nas escaleiras . A igrexa de Santiago: xeometría en pedra. A primeira parada foi a igrexa de Santiago , no corazón da Cidade Vella. Alí identificamos: Arcos de diferentes tipos na fachada principal. Formas xeométricas nos capiteis e nos detalles decorativos. Simetrías e repeticións propias da arte románica. Subindo escaleiras… xogando coas sucesións Nun dos tramos de escaleiras da zona vella, Pilar propúxonos un reto: relacionar os chanzos coas sucesións numéricas Contamos pasos Buscamo...

O blog do Club de Ciencias 2025-26

  O noso horto: un proxecto que medra con nós Comezamos un novo curso e, con el, retomamos un dos proxectos máis queridos do club de ciencias: o horto escolar . O ano pasado puxemos as bases, preparando a terra, delimitando as zonas de cultivo e iniciando o noso propio compost , que seguimos alimentando cada semana cos restos orgánicos do cole. Este curso demos un paso máis e xa temos as primeiras plantacións en marcha. No noso horto medran: Leitugas — rápidas, agradecidas e perfectas para aprender os primeiros coidados. Porros — un cultivo que require paciencia, pero que nos axuda a observar a evolución das plantas a longo prazo. Acelgas — fortes e resistentes, ideais para traballar en equipo. Aromáticas como o romeu — que atraen polinizadores e perfuman todo o espazo. Romanesco — unha das novidad es deste ano, coa súa forma fractal que sempre esperta curiosidade no alumnado. Ademais, continuamos co noso composteiro , un dos elementos clave do proxecto. Grazas a el...

Obradoiro EcoPrint con "Las Flores de Greta"

     Os días 12 e 19 de maio tivemos a sorte de participar nun obradoiro de Ecoprint guiado polo equipo de "Las Flores de Greta". Durante estas xornadas, explicáronnos o proceso creativo desta técnica natural de estampaxe e acompañáronnos a recoller follas e flores polos arredores do IES.      Fixemos unha pequena saída polo entorno e recompilamos unha gran variedade de elementos vexetais. Unha vez de volta no instituto, colocamos as nosas follas e flores sobre tecido de seda, creando composicións moi persoais e fermosas.      O paso final foi enrolar os tecidos e entregárllelos ás monitoras para pasar pola máquina de vapor, onde permanecerían durante 24 horas para que a natureza deixase a súa pegada permanente.       Na seguinte sesión do obradoiro, desenrolamos con emoción as nosas creacións… ¡e encantáronnos os resultados! Agora só quedaba fixar as cores, lavar e pasar o ferro, e xa tiñamos o produto final nas nosas mans. O ...