Ir al contenido principal

A arte e as matemáticas (2ºESO)

 O seguinte proxecto das alumnas e alumnos do Club de 2ªESO será o diseño e construcción dun paseo matemático para o noso centro escolar.

Para poñernos en contexto comezamos cun pequeno relatorio moi dinámico do departamento de Xeografía e Historia sobre a relación entre as matemáticas a arte.

Propuxéronnos comprobar se o noso corpo cumpría coa proporción de perfección e beleza: entre 7 e 8 veces a lonxitude da nosa cabeza.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fin de semana en Esposende (premio concurso matemáticas na Raia)

As rapazas e rapaces de 3º A, como gañadores da fase galega do concurso Matemáticas na raia, tiveron a ocasión de disfrutar este fin de semana de dúas xornadas de encontro e confraternización co grupo gañador en Portugal, procedente de Braga. Foi unha fin de semana moi intensa, con actividades, xogos, competicións, actividades deportivas (kayak) e visita turística ó pobo de Esposende, no que fixemos un roteiro matemático. Ata o último momento estiveron dándoo todo en diversas probas da xincana matemática en grupos (agora xa mixtos galego-portugueses), no fabuloso marco do pinar a carón da praia das Pedrinhas (Esposende). Parabéns para este fenomenal grupo, e esperamos que continúen participando con tanto entusiasmo en diversas actividades e tamén continúen a darnos de vez en cando estas alegrías. Tamén queremos agradecer a Agapema (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e APM (Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal) a organización do concurso, destas xor...

Matemáticas na raia (3ºESO)

Tres grupos de 3.º ESO participaron o xoves 11 de abril en Matemáticas na Raia, un concurso de resolución de problemas por equipos que se realiza en Galiza e no norte de Portugal. Aínda non coñecemos os gañadores do concurso pero as rapazas e rapaces disfrutaron moito da actividade. 

Continuamos coas mates! (3º e 4º ESO)

 Seguimos coa preparación para o rallie matemático, as matemáticas na raia e o canguro matemático. Estes rapaces e rapazas anímense a participar en todos os concursos!