VOLVEMOS A DESFRUTAR DO CLUB DE CIENCIAS M CASARES
Neste curso estamos a traballar con fractales.
Estamos a construir unha árbore de nadal empregando como base o triángulo de Sierpinski.
Si queres saber máis sobre este triángulo aquí tes un enlace que podes consultar. En canto o teñamos rematado mostrarémolo.
Para adornar esta árbore os alumnos deseñan adornos que logo imprimimos en 3D.
Aquí uns exemplos:
SCAPE ROOM MATEMÁTICA Dende hai tempo puxéronse de moda as scape rooms , e ademais dunha actividade divertida poden ser pedagoxicamente moi interesantes. Por mor da pandemia da COVID-19 tivemos que realizala de forma virtual, pero aínda así, o alumnado do Club de Ciencia puido sentirse un pouco como Alicia no país das marabillas e resolver probas de matemáticas e de lóxica para atopar o código que lles permitise saír da sala... Se queres facer o intento, aquí tes a ligazón da nosa scape room virtual .
Comentarios
Publicar un comentario