Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

DISECCIÓN DUN CORAZON

  Xa que debido ás restricións que tivemos este curso pola situación sanitaria na que nos atopamos non puidemos utilizar o laboratorio nas clases xerais, decidimos aproveitar a oportunidade que tiñamos desde o club de ciencias para facer unha práctica de bioloxía que sempre resulta moi motivadora e permítenos comprender mellor como é e como funciona o noso corazón. Os membros do club de ciencias realizaron cada un a disección do seu propio corazón de porco, un dos máis parecidos ao noso corazón humano e moi fácil de conseguir en calquera carnicería ou supermercado. Con el, ademais de comprender moito mellor como é anatomicamente, puidemos poñer en marcha a nosa faceta de cirurxiáns manexando o bisturí para ver o seu interior, e comprendemos moito mellor tamén como o sangue circula por este e cal é a razón de que nunca volva atrás. Seguro que se espertou a vocación dalgún doutor ou doutora!                     Moitas grazas a Eva Llanes polas súas fotos!

SCAPE ROOM MATEMÁTICA

  SCAPE ROOM MATEMÁTICA   Dende hai tempo puxéronse de moda as scape rooms , e ademais dunha actividade divertida poden ser pedagoxicamente moi interesantes. Por mor da pandemia da COVID-19 tivemos que realizala de forma virtual, pero aínda así, o alumnado do Club de Ciencia puido sentirse un pouco como Alicia no país das marabillas e resolver probas de matemáticas e de lóxica para atopar o código que lles permitise saír da sala... Se queres facer o intento, aquí tes a ligazón da nosa scape room virtual .

CÚPULA XEODÉSICA

 CÚPULA XEODÉSICA     Un dos proxectos aos que adicamos un tempo importante neste curso foi ao estudio das estruturas xeodésicas. Inicialmente analizamos as características das estruturas trianguladas e o seu comportamento, para logo pasar a construir no xardín do instituto unha cúpula  de altura no punto máis alto de 2,5 m e diámetro 5m. Para esto empregamos listóns de pino de dúas medidas. Mediante o cal creamos pentágonos e hexágonos axudados por un kit de elementos conectores e rótulas que permiten a súa montaxe.    Unha estrutura xeodésica permite cun mínimo custo de material obter estruturas que cubran amplios volumes, son moi lixeiras e resistentes. Outra vantaxe moi importante é a rapidez de construción que as fai ideais para lugares pouco acesibles ou como estruturas non permanentes dada a facilidade de montaxe e desmontaxe.   Aquí podes ver algún dos usos destas estruturas:   Si queres saber máis das estruturas xeodésicas podes visitar o link . Podes ver un video da evoluci
OLA A TODOS!! Somos o club de ciencias do IES María Casares. Esperamos a través deste blog dar a  coñecer o que fumos facendo neste curso.  Colaboramos tres departamentos : Bioloxía, Matemáticas e Tecnoloxía. Este curso debido ás especiais circunstancias que todos coñecemos soamente temos 12 alumnos que se van rotando por departamentos realizando diversos experimentos e proxectos. Os alumnos que participan son de 3º e 4º de ESO, e este ano temos unha maioría de rapazas que amosan interese no ámbito STEM.