Ir al contenido principal

CÚPULA XEODÉSICA

 CÚPULA XEODÉSICA
 

Un dos proxectos aos que adicamos un tempo importante neste curso foi ao estudio das estruturas xeodésicas. Inicialmente analizamos as características das estruturas trianguladas e o seu comportamento, para logo pasar a construir no xardín do instituto unha cúpula  de altura no punto máis alto de 2,5 m e diámetro 5m.
Para esto empregamos listóns de pino de dúas medidas. Mediante o cal creamos pentágonos e hexágonos axudados por un kit de elementos conectores e rótulas que permiten a súa montaxe. 
 
Unha estrutura xeodésica permite cun mínimo custo de material obter estruturas que cubran amplios volumes, son moi lixeiras e resistentes. Outra vantaxe moi importante é a rapidez de construción que as fai ideais para lugares pouco acesibles ou como estruturas non permanentes dada a facilidade de montaxe e desmontaxe.  

Aquí podes ver algún dos usos destas estruturas:
Estrellado tienda de cielo/La bola de cristal tienda/Web tienda  celebridad/tienda para niños/desinfección de tiendas de campaña/cúpula  geodésica/interior tienda para los niños|Tiendas| - AliExpressLA CÚPULA GEODÉSICA RESISTENTE A TERREMOTOS | ARTESAN.NATOEkopod | Chic Cornish Camping | Domos geodesicos, La casa de mis sueños,  Diseño de ambientes
 
Si queres saber máis das estruturas xeodésicas podes visitar o link.

Podes ver un video da evolución do proxecto neste enlace.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro EcoPrint con "Las Flores de Greta"

     Os días 12 e 19 de maio tivemos a sorte de participar nun obradoiro de Ecoprint guiado polo equipo de "Las Flores de Greta". Durante estas xornadas, explicáronnos o proceso creativo desta técnica natural de estampaxe e acompañáronnos a recoller follas e flores polos arredores do IES.      Fixemos unha pequena saída polo entorno e recompilamos unha gran variedade de elementos vexetais. Unha vez de volta no instituto, colocamos as nosas follas e flores sobre tecido de seda, creando composicións moi persoais e fermosas.      O paso final foi enrolar os tecidos e entregárllelos ás monitoras para pasar pola máquina de vapor, onde permanecerían durante 24 horas para que a natureza deixase a súa pegada permanente.       Na seguinte sesión do obradoiro, desenrolamos con emoción as nosas creacións… ¡e encantáronnos os resultados! Agora só quedaba fixar as cores, lavar e pasar o ferro, e xa tiñamos o produto final nas nosas mans. O ...

PARTICIPACIÓN EN GALICIENCIA

Ao longo deste curso os alumnos do Club de Ciencias  Javier Docampo, Sara Mosteiro e Manuel Velasco estiveron desenvolvendo os proxectos "Aviones de papel" e "Cometas, más que un juego de niños" para presentar na feira científica Galiciencia que este ano 2023 tiña por temática Aeronautica e Aeroespacial. Finalmente foron seleccionados para presentalos de forma presencial do 10 ao 12 de maio en Tecnópole, Ourense.  Aproveitando a feira, visitaron Ourense e participaron en varias actividades organizados en Tecnópole, incluindo o taller no simulador de voo da Aula Newton.  Ademáis de aprender moito e pasalo estupendamente o proxecto "Cometas, más que un juego de niños" acadou o premio ao mellor proxecto englobado na temática deste ano.  Pódense consultar os proxectos presentados nas seguintes ligazóns :  https://galiciencia.com/es/ 2023/proyectos/32-aviones-de- papel/157139/   ;  https://galiciencia.com/es/ 2023/proyectos/33-cometas-mas- que-u...
VOLVEMOS A DESFRUTAR DO CLUB DE CIENCIAS M CASARES Neste curso estamos a traballar con fractales. Estamos a construir unha árbore de nadal empregando como base o triángulo de Sierpinski. Si queres saber máis sobre este triángulo aquí tes un enlace que podes consultar. En canto o teñamos rematado mostrarémolo. Para adornar esta árbore os alumnos deseñan adornos que logo imprimimos en 3D. Aquí uns exemplos: