Ir al contenido principal

OLA A TODOS!!

Somos o club de ciencias do IES María Casares. Esperamos a través deste blog dar a  coñecer o que fumos facendo neste curso. 

Colaboramos tres departamentos : Bioloxía, Matemáticas e Tecnoloxía.

Este curso debido ás especiais circunstancias que todos coñecemos soamente temos 12 alumnos que se van rotando por departamentos realizando diversos experimentos e proxectos. Os alumnos que participan son de 3º e 4º de ESO, e este ano temos unha maioría de rapazas que amosan interese no ámbito STEM.

 


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fin de semana en Esposende (premio concurso matemáticas na Raia)

As rapazas e rapaces de 3º A, como gañadores da fase galega do concurso Matemáticas na raia, tiveron a ocasión de disfrutar este fin de semana de dúas xornadas de encontro e confraternización co grupo gañador en Portugal, procedente de Braga. Foi unha fin de semana moi intensa, con actividades, xogos, competicións, actividades deportivas (kayak) e visita turística ó pobo de Esposende, no que fixemos un roteiro matemático. Ata o último momento estiveron dándoo todo en diversas probas da xincana matemática en grupos (agora xa mixtos galego-portugueses), no fabuloso marco do pinar a carón da praia das Pedrinhas (Esposende). Parabéns para este fenomenal grupo, e esperamos que continúen participando con tanto entusiasmo en diversas actividades e tamén continúen a darnos de vez en cando estas alegrías. Tamén queremos agradecer a Agapema (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e APM (Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal) a organización do concurso, destas xor...

SCAPE ROOM MATEMÁTICA

  SCAPE ROOM MATEMÁTICA   Dende hai tempo puxéronse de moda as scape rooms , e ademais dunha actividade divertida poden ser pedagoxicamente moi interesantes. Por mor da pandemia da COVID-19 tivemos que realizala de forma virtual, pero aínda así, o alumnado do Club de Ciencia puido sentirse un pouco como Alicia no país das marabillas e resolver probas de matemáticas e de lóxica para atopar o código que lles permitise saír da sala... Se queres facer o intento, aquí tes a ligazón da nosa scape room virtual .

Matemáticas na raia (3ºESO)

Tres grupos de 3.º ESO participaron o xoves 11 de abril en Matemáticas na Raia, un concurso de resolución de problemas por equipos que se realiza en Galiza e no norte de Portugal. Aínda non coñecemos os gañadores do concurso pero as rapazas e rapaces disfrutaron moito da actividade.