Ir al contenido principal

Obradoiro EcoPrint con "Las Flores de Greta"


    Os días 12 e 19 de maio tivemos a sorte de participar nun obradoiro de Ecoprint guiado polo equipo de "Las Flores de Greta". Durante estas xornadas, explicáronnos o proceso creativo desta técnica natural de estampaxe e acompañáronnos a recoller follas e flores polos arredores do IES.



    Fixemos unha pequena saída polo entorno e recompilamos unha gran variedade de elementos vexetais. Unha vez de volta no instituto, colocamos as nosas follas e flores sobre tecido de seda, creando composicións moi persoais e fermosas.



    O paso final foi enrolar os tecidos e entregárllelos ás monitoras para pasar pola máquina de vapor, onde permanecerían durante 24 horas para que a natureza deixase a súa pegada permanente.

   

 Na seguinte sesión do obradoiro, desenrolamos con emoción as nosas creacións… ¡e encantáronnos os resultados! Agora só quedaba fixar as cores, lavar e pasar o ferro, e xa tiñamos o produto final nas nosas mans. O resultado pareceunos precioso e moi especial.



---



Comentarios

Entradas populares de este blog

Fin de semana en Esposende (premio concurso matemáticas na Raia)

As rapazas e rapaces de 3º A, como gañadores da fase galega do concurso Matemáticas na raia, tiveron a ocasión de disfrutar este fin de semana de dúas xornadas de encontro e confraternización co grupo gañador en Portugal, procedente de Braga. Foi unha fin de semana moi intensa, con actividades, xogos, competicións, actividades deportivas (kayak) e visita turística ó pobo de Esposende, no que fixemos un roteiro matemático. Ata o último momento estiveron dándoo todo en diversas probas da xincana matemática en grupos (agora xa mixtos galego-portugueses), no fabuloso marco do pinar a carón da praia das Pedrinhas (Esposende). Parabéns para este fenomenal grupo, e esperamos que continúen participando con tanto entusiasmo en diversas actividades e tamén continúen a darnos de vez en cando estas alegrías. Tamén queremos agradecer a Agapema (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e APM (Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal) a organización do concurso, destas xor...

SCAPE ROOM MATEMÁTICA

  SCAPE ROOM MATEMÁTICA   Dende hai tempo puxéronse de moda as scape rooms , e ademais dunha actividade divertida poden ser pedagoxicamente moi interesantes. Por mor da pandemia da COVID-19 tivemos que realizala de forma virtual, pero aínda así, o alumnado do Club de Ciencia puido sentirse un pouco como Alicia no país das marabillas e resolver probas de matemáticas e de lóxica para atopar o código que lles permitise saír da sala... Se queres facer o intento, aquí tes a ligazón da nosa scape room virtual .

Matemáticas na raia (3ºESO)

Tres grupos de 3.º ESO participaron o xoves 11 de abril en Matemáticas na Raia, un concurso de resolución de problemas por equipos que se realiza en Galiza e no norte de Portugal. Aínda non coñecemos os gañadores do concurso pero as rapazas e rapaces disfrutaron moito da actividade.