Ir al contenido principal

Continuamos coas mates! (3º e 4º ESO)

 Seguimos coa preparación para o rallie matemático, as matemáticas na raia e o canguro matemático. Estes rapaces e rapazas anímense a participar en todos os concursos!




Comentarios

Entradas populares de este blog

PARTICIPACIÓN EN GALICIENCIA

Ao longo deste curso os alumnos do Club de Ciencias  Javier Docampo, Sara Mosteiro e Manuel Velasco estiveron desenvolvendo os proxectos "Aviones de papel" e "Cometas, más que un juego de niños" para presentar na feira científica Galiciencia que este ano 2023 tiña por temática Aeronautica e Aeroespacial. Finalmente foron seleccionados para presentalos de forma presencial do 10 ao 12 de maio en Tecnópole, Ourense.  Aproveitando a feira, visitaron Ourense e participaron en varias actividades organizados en Tecnópole, incluindo o taller no simulador de voo da Aula Newton.  Ademáis de aprender moito e pasalo estupendamente o proxecto "Cometas, más que un juego de niños" acadou o premio ao mellor proxecto englobado na temática deste ano.  Pódense consultar os proxectos presentados nas seguintes ligazóns :  https://galiciencia.com/es/ 2023/proyectos/32-aviones-de- papel/157139/   ;  https://galiciencia.com/es/ 2023/proyectos/33-cometas-mas- que-un-ju

COCIÑAS SOLARES

  Rematamos o Club de Ciencias neste curso 2022-2023 cunha comida solar. Coas cociñas que elaboramos no taller durante o curso fixemos e compartimos unha rica comida. Tivemos fideos con verduras, champiñóns, biscoitos... todo cociñado co sol. Juan Bello, todo un experto en cociñas solares, acompañounos e asesorounos en todo o proceso. Gracias Juan! Volveremos no curso que ven a facer moitas máis cousas interesantes. Feliz verán.  

XVI FEIRA MATEMÁTICA

 XVI FEIRA MATEMÁTICA O pasado 15 de abril celebrouse unha nova edición da Feira Matemática (e xa van XVI) en PALEXCO (A Coruña). E unha vez máis o Club de Ciencia do IES María Casares participou levando o traballo que estivemos a realizar estes meses no departamento de Matemáticas. O alumnado que puido estar no stand ensinou ao numeroso público que se achegou que son os mosaicos e como se poden construír. Ademais, como tamén puideron deseñar algúns deles para imprimilos en 3D coa axuda do departamento de Tecnoloxía tiñamos moitos exemplos e a xente podía intentar ver como podían cubrir todo o plano con esas pezas sen deixar ocos. Algúns non eran fáciles pero aínda así non paraban ata conseguilo. Facendo quendas ao longo do día, estiveron no posto Alicia, Alba, Leire, Iago, Daniela, Irene Gestal e Irene Nimo de 1º ESO e Manuel de 1º Bacharelato. Xestionaron moi ben todas as visitas que houbo (que foron moitas), explicaron todo e ademais pasárono moi ben.