Dous grupos, un de 3ºESO e outro de 4ºESO, comezaron xa a prepararse para participar no Rally Matemático de 2024. O Rally é un concurso de resolución de problemas de lóxica e matemáticas en grupo (máis información na web de Igaciencia).
SCAPE ROOM MATEMÁTICA Dende hai tempo puxéronse de moda as scape rooms , e ademais dunha actividade divertida poden ser pedagoxicamente moi interesantes. Por mor da pandemia da COVID-19 tivemos que realizala de forma virtual, pero aínda así, o alumnado do Club de Ciencia puido sentirse un pouco como Alicia no país das marabillas e resolver probas de matemáticas e de lóxica para atopar o código que lles permitise saír da sala... Se queres facer o intento, aquí tes a ligazón da nosa scape room virtual .
Comentarios
Publicar un comentario