Ir al contenido principal

 E-TEXTILES

 Os E-textiles ou textiles electrónicos son prendas ou telas que incorporan compoñentes eléctricos e electrónicos que permiten que a través da  roupa  se reciba e envie sinais ó entorno.

Nas próximas sesións do club de ciencia imos traballar cunha placa Lilypad Arduino (placa cun microcontrolador especialmente deseñada para o campo dos e-textiles) para realizar un proxecto no que integraremos nunha camiseta uns sensores que nos permitan activar unhas sinais luminosas e sonoras.

Como sabemos que costureira sen dedal cose pouco e cose mal imos imprimir uns dedais para que todos poidamos coser sen picarnos. 




 



Comentarios

Entradas populares de este blog

PARTICIPACIÓN EN GALICIENCIA

Ao longo deste curso os alumnos do Club de Ciencias  Javier Docampo, Sara Mosteiro e Manuel Velasco estiveron desenvolvendo os proxectos "Aviones de papel" e "Cometas, más que un juego de niños" para presentar na feira científica Galiciencia que este ano 2023 tiña por temática Aeronautica e Aeroespacial. Finalmente foron seleccionados para presentalos de forma presencial do 10 ao 12 de maio en Tecnópole, Ourense.  Aproveitando a feira, visitaron Ourense e participaron en varias actividades organizados en Tecnópole, incluindo o taller no simulador de voo da Aula Newton.  Ademáis de aprender moito e pasalo estupendamente o proxecto "Cometas, más que un juego de niños" acadou o premio ao mellor proxecto englobado na temática deste ano.  Pódense consultar os proxectos presentados nas seguintes ligazóns :  https://galiciencia.com/es/ 2023/proyectos/32-aviones-de- papel/157139/   ;  https://galiciencia.com/es/ 2023/proyectos/33-cometas-mas- que-un-ju

COCIÑAS SOLARES

  Rematamos o Club de Ciencias neste curso 2022-2023 cunha comida solar. Coas cociñas que elaboramos no taller durante o curso fixemos e compartimos unha rica comida. Tivemos fideos con verduras, champiñóns, biscoitos... todo cociñado co sol. Juan Bello, todo un experto en cociñas solares, acompañounos e asesorounos en todo o proceso. Gracias Juan! Volveremos no curso que ven a facer moitas máis cousas interesantes. Feliz verán.  

IMPRESIÓN DE CHAVEIROS 3D

Isto vai rematando e para que teñamos un recordo imprimimos estes chaveiros en 3D. Quedaron moi chulos coa imaxe da nosa María Casares.