Ir al contenido principal

VÍDEOS DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE. QUE CONTÉN A TÚA MERENDA?

No marco das actividades de promoción dun estilo de vida e unha alimentación saudable que se están promovendo no centro é do curso, desde o club de ciencias quixemos achegar o noso granito de area gravando unha serie de vídeos nos que analizamos algúns dos alimentos que o noso alumnado consome habitualmente como merenda de media mañá. Lemos etiquetas, estudamos ingredientes, composicións nutricionais… e utilizamos algunhas aplicacións dispoñibles para o móbil que nos permiten ver como de saudables son os produtos que consumimos.

Ademais, tentamos facer máis evidentes os azucres engadidos que teñen estes alimentos comparándoos coa mesma cantidade en terróns de azucre. Fixámonos tamén nas graxas saturadas e algúns aditivos controvertidos, como o glutamato monosódico, potenciador de sabor moi utilizado por exemplo en aperitivos.

Para darlle algo de forma a todo isto, decidimos gravar uns vídeos nos que plasmamos esta información e tentamos achegar alternativas máis saudables. Con isto, non só aprendemos de nutrición senón tamén practicamos coa edición de vídeo, aínda que como actores este ano coa máscara non nos atrevemos moito!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro EcoPrint con "Las Flores de Greta"

     Os días 12 e 19 de maio tivemos a sorte de participar nun obradoiro de Ecoprint guiado polo equipo de "Las Flores de Greta". Durante estas xornadas, explicáronnos o proceso creativo desta técnica natural de estampaxe e acompañáronnos a recoller follas e flores polos arredores do IES.      Fixemos unha pequena saída polo entorno e recompilamos unha gran variedade de elementos vexetais. Unha vez de volta no instituto, colocamos as nosas follas e flores sobre tecido de seda, creando composicións moi persoais e fermosas.      O paso final foi enrolar os tecidos e entregárllelos ás monitoras para pasar pola máquina de vapor, onde permanecerían durante 24 horas para que a natureza deixase a súa pegada permanente.       Na seguinte sesión do obradoiro, desenrolamos con emoción as nosas creacións… ¡e encantáronnos os resultados! Agora só quedaba fixar as cores, lavar e pasar o ferro, e xa tiñamos o produto final nas nosas mans. O ...

PARTICIPACIÓN EN GALICIENCIA

Ao longo deste curso os alumnos do Club de Ciencias  Javier Docampo, Sara Mosteiro e Manuel Velasco estiveron desenvolvendo os proxectos "Aviones de papel" e "Cometas, más que un juego de niños" para presentar na feira científica Galiciencia que este ano 2023 tiña por temática Aeronautica e Aeroespacial. Finalmente foron seleccionados para presentalos de forma presencial do 10 ao 12 de maio en Tecnópole, Ourense.  Aproveitando a feira, visitaron Ourense e participaron en varias actividades organizados en Tecnópole, incluindo o taller no simulador de voo da Aula Newton.  Ademáis de aprender moito e pasalo estupendamente o proxecto "Cometas, más que un juego de niños" acadou o premio ao mellor proxecto englobado na temática deste ano.  Pódense consultar os proxectos presentados nas seguintes ligazóns :  https://galiciencia.com/es/ 2023/proyectos/32-aviones-de- papel/157139/   ;  https://galiciencia.com/es/ 2023/proyectos/33-cometas-mas- que-u...
VOLVEMOS A DESFRUTAR DO CLUB DE CIENCIAS M CASARES Neste curso estamos a traballar con fractales. Estamos a construir unha árbore de nadal empregando como base o triángulo de Sierpinski. Si queres saber máis sobre este triángulo aquí tes un enlace que podes consultar. En canto o teñamos rematado mostrarémolo. Para adornar esta árbore os alumnos deseñan adornos que logo imprimimos en 3D. Aquí uns exemplos: