Ir al contenido principal

CONVERXENCIAS ARTE E CIENCIA: ESCHER

 O 26 de xaneiro o alumnado de 1º ESO do Club de Ciencia acudiu ao Centro Ágora para participar na
actividade Converxencias Arte e Ciencia: Escher.

 Despois de escoitar unha breve explicación sobre este artista neerlandés e a súa obra acudiron a un obradoiro en que descubriron como montar mosaicos do estilo de Escher e coñeceron figuras xeométricas como o sorprendente caleidociclo e os sólidos platónicos.

A continuación visitaron unha exposición con algunhas obras que lles foron explicando. A pesar de que algunha alumna dixo que mareaban un pouco esas figuras imposibles e perspectivas estrañas todos os asistentes gozaron da visita.



 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Fin de semana en Esposende (premio concurso matemáticas na Raia)

As rapazas e rapaces de 3º A, como gañadores da fase galega do concurso Matemáticas na raia, tiveron a ocasión de disfrutar este fin de semana de dúas xornadas de encontro e confraternización co grupo gañador en Portugal, procedente de Braga. Foi unha fin de semana moi intensa, con actividades, xogos, competicións, actividades deportivas (kayak) e visita turística ó pobo de Esposende, no que fixemos un roteiro matemático. Ata o último momento estiveron dándoo todo en diversas probas da xincana matemática en grupos (agora xa mixtos galego-portugueses), no fabuloso marco do pinar a carón da praia das Pedrinhas (Esposende). Parabéns para este fenomenal grupo, e esperamos que continúen participando con tanto entusiasmo en diversas actividades e tamén continúen a darnos de vez en cando estas alegrías. Tamén queremos agradecer a Agapema (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e APM (Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal) a organización do concurso, destas xor...

SCAPE ROOM MATEMÁTICA

  SCAPE ROOM MATEMÁTICA   Dende hai tempo puxéronse de moda as scape rooms , e ademais dunha actividade divertida poden ser pedagoxicamente moi interesantes. Por mor da pandemia da COVID-19 tivemos que realizala de forma virtual, pero aínda así, o alumnado do Club de Ciencia puido sentirse un pouco como Alicia no país das marabillas e resolver probas de matemáticas e de lóxica para atopar o código que lles permitise saír da sala... Se queres facer o intento, aquí tes a ligazón da nosa scape room virtual .

Matemáticas na raia (3ºESO)

Tres grupos de 3.º ESO participaron o xoves 11 de abril en Matemáticas na Raia, un concurso de resolución de problemas por equipos que se realiza en Galiza e no norte de Portugal. Aínda non coñecemos os gañadores do concurso pero as rapazas e rapaces disfrutaron moito da actividade.