Ir al contenido principal

Entradas

Obradoiro EcoPrint con "Las Flores de Greta"

     Os días 12 e 19 de maio tivemos a sorte de participar nun obradoiro de Ecoprint guiado polo equipo de "Las Flores de Greta". Durante estas xornadas, explicáronnos o proceso creativo desta técnica natural de estampaxe e acompañáronnos a recoller follas e flores polos arredores do IES.      Fixemos unha pequena saída polo entorno e recompilamos unha gran variedade de elementos vexetais. Unha vez de volta no instituto, colocamos as nosas follas e flores sobre tecido de seda, creando composicións moi persoais e fermosas.      O paso final foi enrolar os tecidos e entregárllelos ás monitoras para pasar pola máquina de vapor, onde permanecerían durante 24 horas para que a natureza deixase a súa pegada permanente.       Na seguinte sesión do obradoiro, desenrolamos con emoción as nosas creacións… ¡e encantáronnos os resultados! Agora só quedaba fixar as cores, lavar e pasar o ferro, e xa tiñamos o produto final nas nosas mans. O ...
Entradas recientes

Participación en feiras científicas

 Coma todos os anos participamos en varias feiras científicas. Feira matemática de AGAPEMA co alumnado de 1ºESO. Alí presentaron o proxecto sobre ilusións ópticas.                                        Día da Ciencia na Rúa co alumnado de 1ºESO e algún voluntario de 4ºESO. Alí presentaron o proxecto das ilusións ópticas, o horto do IES e algún proxecto levado a cabo na materia de Tecnoloxía.                           Este curso volvemos a presentar un proxecto na feira científica de Ourense Galiciencia. Os alumnos Lola Lameiro e Mario Suárez de 4ºESO, xunto coa profesora Lucía Rodríguez, defenderon durante tres días o seu proxecto "Ilusines ópticas: ¿truco o ciencia?". Aproveitando a feira, visitaron Ourense e Allariz, e participaron en varias actividades organizados en Tecnópole.

Novo proxecto: Ilusións ópticas

Mentres agardamos con impaciencia a chegada da primavera para comezar a plantar, iniciamos un novo proxecto da man do departamento de matemáticas. Aprenderemos que son as ilusións ópticas e elaboraremos nós mesmos a nosoas. Deixamos algunhas preguntas para os que nos len dende a casa. ¿Cres que estes puntos son iguais? ¿Cantos animais es capaz de ver?

Decoración de Nadal

 Rematamos o trimestre decorando o centro para o Nadal. O alumnado do Club e os participantes nos Polos Creativos son os encargados de facer a decoracións da árbore.

Inicio do horto no centro

 Este ano adidicarémonos a diseñar e construir un horto no centro. O alumnado divídese en grupos para montar o seu pequeno horto.  No primeiro trimestre comezamos a construir os semilleiros e planificar o que se vai plantar, estudando o tipo de plantas máis adecuadas para o clima e para plantarse xuntas. Tamén xorden algunhas ideas sobre posibles sistemas de rego, compostaxe, etc.

Volta ao Blog do Club!

 Retomamos este blog para informar dos avances no Club.  Este curso 24-25 participaremos no proxecto profes dos departamentos de Tecnoloxía, Matemáticas e Bioloxía. Dada a gran acollida desta edición no nivel de 1ºESO fixemos dous grupos de traballo: asistirán de forma alternativa os luns pola tarde (agás algunha excepción na que traballarán todos xuntos).

Fin de semana en Esposende (premio concurso matemáticas na Raia)

As rapazas e rapaces de 3º A, como gañadores da fase galega do concurso Matemáticas na raia, tiveron a ocasión de disfrutar este fin de semana de dúas xornadas de encontro e confraternización co grupo gañador en Portugal, procedente de Braga. Foi unha fin de semana moi intensa, con actividades, xogos, competicións, actividades deportivas (kayak) e visita turística ó pobo de Esposende, no que fixemos un roteiro matemático. Ata o último momento estiveron dándoo todo en diversas probas da xincana matemática en grupos (agora xa mixtos galego-portugueses), no fabuloso marco do pinar a carón da praia das Pedrinhas (Esposende). Parabéns para este fenomenal grupo, e esperamos que continúen participando con tanto entusiasmo en diversas actividades e tamén continúen a darnos de vez en cando estas alegrías. Tamén queremos agradecer a Agapema (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e APM (Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal) a organización do concurso, destas xor...