Ir al contenido principal

Participación en feiras científicas

 Coma todos os anos participamos en varias feiras científicas.

  • Feira matemática de AGAPEMA co alumnado de 1ºESO. Alí presentaron o proxecto sobre ilusións ópticas.
                                      
  • Día da Ciencia na Rúa co alumnado de 1ºESO e algún voluntario de 4ºESO. Alí presentaron o proxecto das ilusións ópticas, o horto do IES e algún proxecto levado a cabo na materia de Tecnoloxía.
                       
  • Este curso volvemos a presentar un proxecto na feira científica de Ourense Galiciencia. Os alumnos Lola Lameiro e Mario Suárez de 4ºESO, xunto coa profesora Lucía Rodríguez, defenderon durante tres días o seu proxecto "Ilusines ópticas: ¿truco o ciencia?". Aproveitando a feira, visitaron Ourense e Allariz, e participaron en varias actividades organizados en Tecnópole.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro EcoPrint con "Las Flores de Greta"

     Os días 12 e 19 de maio tivemos a sorte de participar nun obradoiro de Ecoprint guiado polo equipo de "Las Flores de Greta". Durante estas xornadas, explicáronnos o proceso creativo desta técnica natural de estampaxe e acompañáronnos a recoller follas e flores polos arredores do IES.      Fixemos unha pequena saída polo entorno e recompilamos unha gran variedade de elementos vexetais. Unha vez de volta no instituto, colocamos as nosas follas e flores sobre tecido de seda, creando composicións moi persoais e fermosas.      O paso final foi enrolar os tecidos e entregárllelos ás monitoras para pasar pola máquina de vapor, onde permanecerían durante 24 horas para que a natureza deixase a súa pegada permanente.       Na seguinte sesión do obradoiro, desenrolamos con emoción as nosas creacións… ¡e encantáronnos os resultados! Agora só quedaba fixar as cores, lavar e pasar o ferro, e xa tiñamos o produto final nas nosas mans. O ...

PARTICIPACIÓN EN GALICIENCIA

Ao longo deste curso os alumnos do Club de Ciencias  Javier Docampo, Sara Mosteiro e Manuel Velasco estiveron desenvolvendo os proxectos "Aviones de papel" e "Cometas, más que un juego de niños" para presentar na feira científica Galiciencia que este ano 2023 tiña por temática Aeronautica e Aeroespacial. Finalmente foron seleccionados para presentalos de forma presencial do 10 ao 12 de maio en Tecnópole, Ourense.  Aproveitando a feira, visitaron Ourense e participaron en varias actividades organizados en Tecnópole, incluindo o taller no simulador de voo da Aula Newton.  Ademáis de aprender moito e pasalo estupendamente o proxecto "Cometas, más que un juego de niños" acadou o premio ao mellor proxecto englobado na temática deste ano.  Pódense consultar os proxectos presentados nas seguintes ligazóns :  https://galiciencia.com/es/ 2023/proyectos/32-aviones-de- papel/157139/   ;  https://galiciencia.com/es/ 2023/proyectos/33-cometas-mas- que-u...
VOLVEMOS A DESFRUTAR DO CLUB DE CIENCIAS M CASARES Neste curso estamos a traballar con fractales. Estamos a construir unha árbore de nadal empregando como base o triángulo de Sierpinski. Si queres saber máis sobre este triángulo aquí tes un enlace que podes consultar. En canto o teñamos rematado mostrarémolo. Para adornar esta árbore os alumnos deseñan adornos que logo imprimimos en 3D. Aquí uns exemplos: