XOGOS DO MUNDO
En todo o mundo xógase con xogos de fichas e taboleiros en que se trata de estudar estratexias para gañar. Estas estratexias podemos estudalas empregando ferramentas matemáticas, e de feito existe unha rama desa ciencia que se chama teoría de xogos e que ten aplicacións en moitos outros ámbitos.
Durante estas semanas no Club de Ciencias os alumnos investigarán xogos de distintas partes do mundo: kono (Corea), senet (Exipto), dara (Nixeria)... Aprenderán a xogar e buscarán cales son as mellores xogadas.
Ademais cada grupo construirá o xogo escollido de dúas formas, primeiro utilizando material reciclado e despois facendo un deseño moderno e orixinal para imprimir en 3D.
Cando acaben poderedes ver os resultados neste mesmo blog.
Os días 12 e 19 de maio tivemos a sorte de participar nun obradoiro de Ecoprint guiado polo equipo de "Las Flores de Greta". Durante estas xornadas, explicáronnos o proceso creativo desta técnica natural de estampaxe e acompañáronnos a recoller follas e flores polos arredores do IES. Fixemos unha pequena saída polo entorno e recompilamos unha gran variedade de elementos vexetais. Unha vez de volta no instituto, colocamos as nosas follas e flores sobre tecido de seda, creando composicións moi persoais e fermosas. O paso final foi enrolar os tecidos e entregárllelos ás monitoras para pasar pola máquina de vapor, onde permanecerían durante 24 horas para que a natureza deixase a súa pegada permanente. Na seguinte sesión do obradoiro, desenrolamos con emoción as nosas creacións… ¡e encantáronnos os resultados! Agora só quedaba fixar as cores, lavar e pasar o ferro, e xa tiñamos o produto final nas nosas mans. O ...
Comentarios
Publicar un comentario