Ir al contenido principal

SAÍDA DIDÁCTICA. PLAYING ECO-BUILD

 







O venres 25 de novembro tivo lugar o evento "Ecobuild - Playing to Eco-Build for learning to Protect Environment" no Museo Pedagóxico de Galicia en Santiago de Compostela. Tratouse dunha saída educativa organizada dentro do marco dun proxecto europeo sobre construción sostible, o aproveitamento dos recursos naturais e a eficiencia enerxética.
A finalidade do proxecto é a creación dunha aplicación educativa informática na que se traten estes conceptos a través dun xogo de construción. Durante a mañá, houbo diversas ponencias dos participantes no proxecto, por exemplo a construcción dun laboratorio experimental el Padua, a construción deseñada de acordo coa arquitectura ecolóxica ou a producción de enerxía no emprego de fornos solares.
Os ponentes procedían de países como Romania, Italia e Turquía, así como de España. Os alumnos tiveron a oportunidade de comprobar a importancia de coñecer o inglés para poder comunicarse neste tipo de actividades.
O evento foi moi interesante para a rapazada, que puido desfrutar dun entorno profesional relacionado coa investigación académica e productiva. Ademais, ó final da xornada, tivo a oportunidade de compartir un xantar networking cos outros institutos que asistiron ó evento, así como cos ponentes e participantes do proxecto.

En resumo, foi unha saída moi enriquecedora e formativa para os alumnos, na que puideron aprender sobre conceptos clave para a construción sostible e a protección do medio ambiente. Ademáis tiveron a oportunidade de participar nun entorno profesional e interactuar en inglés con persoas de diferentes países. En definitiva, unha experiencia única e moi valiosa para o seu desenvolvemento académico e persoal.





 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro EcoPrint con "Las Flores de Greta"

     Os días 12 e 19 de maio tivemos a sorte de participar nun obradoiro de Ecoprint guiado polo equipo de "Las Flores de Greta". Durante estas xornadas, explicáronnos o proceso creativo desta técnica natural de estampaxe e acompañáronnos a recoller follas e flores polos arredores do IES.      Fixemos unha pequena saída polo entorno e recompilamos unha gran variedade de elementos vexetais. Unha vez de volta no instituto, colocamos as nosas follas e flores sobre tecido de seda, creando composicións moi persoais e fermosas.      O paso final foi enrolar os tecidos e entregárllelos ás monitoras para pasar pola máquina de vapor, onde permanecerían durante 24 horas para que a natureza deixase a súa pegada permanente.       Na seguinte sesión do obradoiro, desenrolamos con emoción as nosas creacións… ¡e encantáronnos os resultados! Agora só quedaba fixar as cores, lavar e pasar o ferro, e xa tiñamos o produto final nas nosas mans. O ...

PARTICIPACIÓN EN GALICIENCIA

Ao longo deste curso os alumnos do Club de Ciencias  Javier Docampo, Sara Mosteiro e Manuel Velasco estiveron desenvolvendo os proxectos "Aviones de papel" e "Cometas, más que un juego de niños" para presentar na feira científica Galiciencia que este ano 2023 tiña por temática Aeronautica e Aeroespacial. Finalmente foron seleccionados para presentalos de forma presencial do 10 ao 12 de maio en Tecnópole, Ourense.  Aproveitando a feira, visitaron Ourense e participaron en varias actividades organizados en Tecnópole, incluindo o taller no simulador de voo da Aula Newton.  Ademáis de aprender moito e pasalo estupendamente o proxecto "Cometas, más que un juego de niños" acadou o premio ao mellor proxecto englobado na temática deste ano.  Pódense consultar os proxectos presentados nas seguintes ligazóns :  https://galiciencia.com/es/ 2023/proyectos/32-aviones-de- papel/157139/   ;  https://galiciencia.com/es/ 2023/proyectos/33-cometas-mas- que-u...
VOLVEMOS A DESFRUTAR DO CLUB DE CIENCIAS M CASARES Neste curso estamos a traballar con fractales. Estamos a construir unha árbore de nadal empregando como base o triángulo de Sierpinski. Si queres saber máis sobre este triángulo aquí tes un enlace que podes consultar. En canto o teñamos rematado mostrarémolo. Para adornar esta árbore os alumnos deseñan adornos que logo imprimimos en 3D. Aquí uns exemplos: