Coma todos os anos participamos en varias feiras científicas. Feira matemática de AGAPEMA co alumnado de 1ºESO. Alí presentaron o proxecto sobre ilusións ópticas. Día da Ciencia na Rúa co alumnado de 1ºESO e algún voluntario de 4ºESO. Alí presentaron o proxecto das ilusións ópticas, o horto do IES e algún proxecto levado a cabo na materia de Tecnoloxía. Este curso volvemos a presentar un proxecto na feira científica de Ourense Galiciencia. Os alumnos Lola Lameiro e Mario Suárez de 4ºESO, xunto coa profesora Lucía Rodríguez, defenderon durante tres días o seu proxecto "Ilusines ópticas: ¿truco o ciencia?". Aproveitando a feira, visitaron Ourense e Allariz, e participaron en varias actividades organizados en Tecnópole.
Neste blog mostramos o traballo dos alumnos do club de ciencia do IES María Casares.