Ir al contenido principal

Roteiro matemático pola Coruña


Roteiro matemático pola Coruña: descubrir a cidade con outros ollos.

Este trimestre tivemos a sorte de contar con Pilar García Agra, membro de AGAPEMA, que nos acompañou nun roteiro matemático pola Coruña. Grazas a ela puidemos mirar a cidade dun xeito completamente diferente: con ollos matemáticos.

A actividade converteuse nunha viaxe chea de descubrimentos, xogos e observacións que nos fixeron entender que as matemáticas non están só nos libros: están nas rúas, nos edificios, nas prazas e mesmo nas escaleiras.

A igrexa de Santiago: xeometría en pedra.

A primeira parada foi a igrexa de Santiago, no corazón da Cidade Vella. Alí identificamos:

  • Arcos de diferentes tipos na fachada principal.

  • Formas xeométricas nos capiteis e nos detalles decorativos.

  • Simetrías e repeticións propias da arte románica.

Subindo escaleiras… xogando coas sucesións

Nun dos tramos de escaleiras da zona vella, Pilar propúxonos un reto: relacionar os chanzos coas sucesións numéricas

  • Contamos pasos

  • Buscamos patróns

  • Identificamos sucesións crecientes e regularidades

Un xeito perfecto de demostrar que as matemáticas tamén se poden caminar.

Praza da Constitución e praza de Azcárraga: proporción áurea na cidade

Nas prazas da Constitución e de Azcárraga fixemos unha das descubertas máis sorprendentes:

No edificio de Capitanía, atopamos o rectángulo áureo, unha proporción presente na natureza, na arte e na arquitectura.

A altura da bandeira: aplicando o Teorema de Tales

Un dos momentos máis divertidos e “científicos” da visita foi na Torre da Vixilancia, onde nos plantexamos unha pregunta:

Canto mide o mastro da bandeira?

Non tiñamos unha cinta métrica de 20 metros, pero si tiñamos algo mellor: o Teorema de Tales.

Aplicamos o método clásico:

  • Medimos a nosa sombra

  • Medimos a sombra do mastro

  • Fixemos a proporción

  • E calculamos a altura real

Un exercicio sinxelo, práctico e perfecto para demostrar que as matemáticas serven para resolver problemas reais.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro EcoPrint con "Las Flores de Greta"

     Os días 12 e 19 de maio tivemos a sorte de participar nun obradoiro de Ecoprint guiado polo equipo de "Las Flores de Greta". Durante estas xornadas, explicáronnos o proceso creativo desta técnica natural de estampaxe e acompañáronnos a recoller follas e flores polos arredores do IES.      Fixemos unha pequena saída polo entorno e recompilamos unha gran variedade de elementos vexetais. Unha vez de volta no instituto, colocamos as nosas follas e flores sobre tecido de seda, creando composicións moi persoais e fermosas.      O paso final foi enrolar os tecidos e entregárllelos ás monitoras para pasar pola máquina de vapor, onde permanecerían durante 24 horas para que a natureza deixase a súa pegada permanente.       Na seguinte sesión do obradoiro, desenrolamos con emoción as nosas creacións… ¡e encantáronnos os resultados! Agora só quedaba fixar as cores, lavar e pasar o ferro, e xa tiñamos o produto final nas nosas mans. O ...

PARTICIPACIÓN EN GALICIENCIA

Ao longo deste curso os alumnos do Club de Ciencias  Javier Docampo, Sara Mosteiro e Manuel Velasco estiveron desenvolvendo os proxectos "Aviones de papel" e "Cometas, más que un juego de niños" para presentar na feira científica Galiciencia que este ano 2023 tiña por temática Aeronautica e Aeroespacial. Finalmente foron seleccionados para presentalos de forma presencial do 10 ao 12 de maio en Tecnópole, Ourense.  Aproveitando a feira, visitaron Ourense e participaron en varias actividades organizados en Tecnópole, incluindo o taller no simulador de voo da Aula Newton.  Ademáis de aprender moito e pasalo estupendamente o proxecto "Cometas, más que un juego de niños" acadou o premio ao mellor proxecto englobado na temática deste ano.  Pódense consultar os proxectos presentados nas seguintes ligazóns :  https://galiciencia.com/es/ 2023/proyectos/32-aviones-de- papel/157139/   ;  https://galiciencia.com/es/ 2023/proyectos/33-cometas-mas- que-u...
VOLVEMOS A DESFRUTAR DO CLUB DE CIENCIAS M CASARES Neste curso estamos a traballar con fractales. Estamos a construir unha árbore de nadal empregando como base o triángulo de Sierpinski. Si queres saber máis sobre este triángulo aquí tes un enlace que podes consultar. En canto o teñamos rematado mostrarémolo. Para adornar esta árbore os alumnos deseñan adornos que logo imprimimos en 3D. Aquí uns exemplos: